Home Ourense Manuel Cabezas apela ao BNG para que manifeste “se está disposto a...

Manuel Cabezas apela ao BNG para que manifeste “se está disposto a poñer fin á situación de emerxencia que vive Ourense ou vai permitir que siga gobernando Democracia Ourensá”

- Anuncio -

· Cabezas afirma que durante a conversación con Paco Rodríguez puido comprobar que “ambos compartimos plenamente que a situación vivida no Concello durante estes últimos anos non pode volver repetirse e, por tanto, estamos absolutamente de acordo en poñerlle fin o próximo 17 de xuño”

· A confianza maioritaria da cidadanía avala esta postura, sinala Manuel Cabezas, “pois entre PP, PSOE e BNG sumamos 17 concelleiros, sete dos cales pertencen á segunda lista máis votada, o Partido Popular, e por tanto maioritaria das tres”.

· “Que vai facer o BNG”, pregúntase o candidato popular, quen advirte da necesidade dun novo goberno local: “Só espero que sexan consecuentes e cumpran co que din: mirar ao futuro”

O candidato á alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Manuel Cabezas, pide ao BNG “que manifeste se está disposto a poñer fin á situación de emerxencia que vive Ourense ou vai permitir que siga gobernando Democracia Ourensá”.

Manuel Cabezas lanza esta mensaxe tras manter un primeiro contacto co líder da candidatura socialista, Paco Rodríguez, durante o que analizaron as posibilidades de pacto tras os resultados electorais do pasado 28 de maio.

“Ambos compartimos plenamente que a situación vivida no Concello de Ourense durante estes últimos anos non pode volver repetirse e, por tanto, estamos absolutamente de acordo en poñerlle fin o próximo 17 de xuño”, afirma o candidato popular.

Manuel Cabezas asegura ser consecuente co devandito durante a campaña: “No caso de non haber maiorías suficientes, PP, PSOE e BNG deberían explorar posibles vías de acordo”. Agora, incide, “tanto Paco Rodríguez como eu temos a firme vontade de cumprir co que dixemos no seu día, pero que vai facer o BNG”, pregúntase o candidato popular, que lembra a Luís Seara as súas palabras, que coinciden coas tamén pronunciadas por Cabezas: “estamos nunha situación de emerxencia social e política”.

Se é así como ve a cidade o BNG “só espero que sexan consecuentes e cumpran co que din: mirar ao futuro”, di Cabezas, quen apela á necesidade dun novo goberno local “para non defraudar a vontade maioritaria de cambio expresada polos ourensáns que votaron ao PP, PSOE e BNG”.

O PACTO CON DEMOCRACIA OURENSÁ “NON SE VOLVERÁ A DAR”

Lembrou Manuel Cabezas que nada máis chegar á presidencia da xunta local do PP de Ourense, en xullo de 2022, “ordenei a ruptura do pacto con Democracia Ourensá”. Desde entón e reiteradamente, mesmo durante toda a campaña electoral, “manifestei que ese pacto nunca se volvería a dar e iso é o que manteño”. Unha posición idéntica á manifestada polo propio candidato socialista, sinala tamén Cabezas, “que dixo que nunca fará alcalde a Jácome”.

A confianza maioritaria da cidadanía avala esta postura, sinala Manuel Cabezas, “pois entre PP, PSOE e BNG sumamos 17 concelleiros, sete dos cales pertencen á segunda lista máis votada, o Partido Popular, e por tanto maioritaria das tres”.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas