Home Ourense Marta Novoa asume o liderado da candidatura do Partido Popular á alcaldía...

Marta Novoa asume o liderado da candidatura do Partido Popular á alcaldía de San Cibrao das Viñas

- Anuncio -

· A tenente alcalde e parlamentaria autonómica toma o relevo do actual rexedor, Manuel Pedro Fernández, anunciando que o alcalde formará parte da súa lista. “O meu concello, cun enorme valor engadido, require de moito traballo, ilusión e responsabilidade que desde xa estou disposta a achegar”, afirma Novoa

· O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, dixo estar convencido do éxito electoral dunha excelente candidata e da que será “unha magnífica alcaldesa pola nova enerxía e a visión innovadora que achegará a un concello dinámico e de moito futuro como este”

· Baltar agradeceu ao alcalde de San Cibrao “toda unha vida dedicada ao servizo público e a súa xenerosidade por facilitar a transición”

A tenente alcalde e deputada autonómica por Ourense, Marta Novoa Iglesias, será a candidata do Partido Popular á alcaldía de San Cibrao das Viñas nas eleccións locais do 28 de maio de 2023, tomando o relevo do actual rexedor, Manuel Pedro Fernández, que preside a corporación municipal desde hai doce anos.

Logo da ratificación da proposta por parte da dirección popular, Marta Novoa tivo palabras de agradecemento para Manuel Baltar e Manuel Pedro Fernández pola confianza depositada na súa persoa para facer fronte a este reto. “O alcalde deixa o listón electoral moi alto”, dixo a candidata, anunciando que formará parte da súa lista nos comicios locais de maio.

A Manuel Baltar agradeceu o seu apoio incondicional tanto para representar á provincia de Ourense no Parlamento de Galicia como, agora, “para liderar a candidatura do PP no meu concello, que cun enorme valor engadido sobre todo no ámbito industrial require de moito traballo, ilusión e responsabilidade que desde xa estou disposta a achegar”.

O líder dos populares ourensáns afirmou que Marta Novoa vai ser “unha excelente candidata, como coñecedora da vida municipal e con protagonismo a nivel autonómico no Parlamento, e unha magnífica alcaldesa por sus aptitudes e actitudes”. San Cibrao das Viñas, dixo, “vai contar coa nova enerxía e a visión innovadora que achegará a nosa candidata e que precisa un concello dinámico e de moito futuro como este”.

Para o presidente popular, Novoa “ten ao seu favor o traballo desenvolvido desde hai anos ao carón dun dos alcaldes de referencia na provincia como é Manuel Pedro Fernández”, ao que agradeceu “toda unha vida dedicada ao servizo público e a súa xenerosidade por facilitar a transición”.

CONSOLIDAR O RÉCORD DE ALCALDESAS EN OURENSE E GALICIA

No Partido Popular de Ourense, asegurou, “estamos convencidos do éxito electoral desta proposta e cunha candidata que vai aumentar o número de alcaldesas ourensáns, que xa supón un récord a nivel autonómico”.

Entre tanto, Manuel Pedro Fernández definiu á candidata como “unha persoa xoven, con ilusión e gañas de traballar por San Cibrao”, polo que pediu para ela “o mesmo apoio que me destes nestes doce anos como alcalde”. Unha etapa da que agradeceu “a confianza que me deu a veciñanza, os compañeiros de corporación e o presidente provincial”.

EXPERIENCIA NA EMPRESA PRIVADA E NA POLÍTICA LOCAL E AUTONÓMICA

Marta Novoa (San Cibrao das Viñas, 1980) é graduada en Enxeñería Industrial Mecánica e a súa traxectoria profesional na empresa privada está vinculada ao sector aeronáutico. No ámbito político, entre 2011 e 2015 foi segunda tenente alcalde e desde 2015 é a primeira tenente. Deputada no Parlamento de Galicia desde 2016, preside a Comisión de Industria, Enerxía e Turismo, exercendo desde maio pasado como portavoz de Industria e viceportavoz do grupo parlamentario popular.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas