O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no Concello o presidente da Asociación de persoas xordas de Ourense (APSOU), Martín Luis Becerra, para avanzar na colaboración do Concello nas diferentes iniciativas e proxectos que desenvolve esta asociación na cidade. Pérez Jácome trasladoulle o compromiso do Concello de seguir colaborando estreitamente coa asociación, tanto desde o punto de vista económico como o loxístico, tendo en conta o importantísimo labor que esta entidade realiza en Ourense.