Home Ourense O Concello dotará de tests de antíxenos os seus servizos esenciais para...

O Concello dotará de tests de antíxenos os seus servizos esenciais para evitar riscos e previr contaxios de COVID19

- Anuncio -
  • Os concelleiros de Seguridade Cidadá e Asuntos Sociais acordaron activar medidas preventivas para frear o impacto da pandemia

O Concello de Ourense dotará de tests de antíxenos os seus servizos esenciais para evitar riscos e previr contaxios de COVID-19. Asi o acordaron esta mañá os concelleiros de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e Asuntos Sociais e Saúde, Eugenia Díaz Abella, tras unha xuntanza con representantes de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. O encontro tiña como finalidade implementar medidas de prevención para evitar ou conter na medida do posible o impacto da COVID no Concello de Ourense, e moi especialmente en servizos esenciais, como son os corpos de seguridade da cidade (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, ou equipamentos de asistencia social como o Fogar do Transeúnte. A reunión foi convocada para analizar a situación actual, na que se constata a evolución da pandemia, que aumenta o número de casos activos, e detectarse casos en áreas esenciais do Concello, como o corpo de bombeiros, onde se deron 5 positivos, que supoñen “unha merma considerable no persoal deste servzizo básico do Concello”; explicou Telmo Ucga

“Estamos activando medidas de prevención para evitar contaxios e moi especialmente en servizos que son esenciais para a comunidade, onde non nos podemos permitir mermas importantes”, explica o concelleiro Telmo Ucha, que aposta por actuar desde a prevención: “ Queremos que ante a menor dúbida, se poida detectar un positivo o antes posible e garantir que se poida seguir dándolle un bo servizo aos nosos veciños”, asegura o edil de Seguridade Cidadá.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas