Home Ourense O Concello inaugura o luns a primeira edición dos “Makers camps”, actividades...

O Concello inaugura o luns a primeira edición dos “Makers camps”, actividades “maker” dirixidas a escolares da cidade

- Anuncio -

Constará de tres edicións os días 16 e 17 de maio, o 27, 28 e 29 de xuño e o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo

O Concello de Ourense, a través da área de Formación Ocupacional, Desenvolvemento Local e Promoción Económica, desenvolve as actividades do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España-Portugal (POCTEP). Cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O vindeiro luns, día 16 de maio, ás 9:00h dará comenzo a primeira das tres edicións dos Maker Camps, que se celebrará na aula de estudio da sala principal da Escola de Informática (Campus de Ourense). Á inauguración desta primeira edición, acudirá o concelleiro delegado de Promoción Económica do Concello de Ourense, Armando Ojea, e o director da Escola Superior de Informática.

No “MakerCamp” os participantes, rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos, levarán a cabo actividades baseadas na experimentación e no descubrimento, relacionadas co mundo “Maker” e as novas tecnoloxías: construirán, programarán e controlarán robots pensados para o ámbito educativo, deseñarán e imprimirán as súas primeiras creacións en 3D, e mergullaranse en mundos de realidade virtual con breves experiencias inmersivas e aprenderán a programar os seus primeiros videoxogos con linguaxes básicos visuais. As actividades contan coa asistencia permanente de monitores especializados con anos de experiencias neste tipo de iniciativas ocio-educativas.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas