Home Deputacións Deputación Ourense O futuro socioecónómico do sur de Galicia e a nova nova realidade...

O futuro socioecónómico do sur de Galicia e a nova nova realidade poscovid centrarán a terceira edición de “Ourense_enCírculo”

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Manuel Rodríguez presentaron hoxe un programa que abordará temas como o emprendemento, a innovación, a transformación dixital, a transición ecolóxica, o rural, o sector servizos ou recursos claves para o desenvolvemento económico como a auga.

Manuel Baltar dixo sentiser orgullo da alianza coa entidade empresarial “pois coincide plenamente coa estratexia do goberno provincial de apoio á internacionalización, da aposta pola innovación, a vangarda tecnolóxica e mimo aos creadores e emprendedores no territorio, ademais de xerar oportunidades para atraer proxectos que poden encaixar perfectamente en Ourense”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Manuel Rodríguez presentaron hoxe no Pazo Provincial as actividades organizadas dentro do programa “Ourense_ enCírculo”, unha iniciativa que alcanza a súa terceira edición e que estará centrada no futuro socioeconómico do sur de Galicia e as oportunidades que ofrece a nova realidade poscovid, abordando temas como o emprendemento, a innovación, a transformación dixital, a transición ecolóxica, o rural, o sector servizos ou recursos claves para o desenvolvemento económico como a auga.

Na presentación, que contou tamén coa asistencia da expresidenta do Círculo de Empresarios, Patricia García, o presidente provincial afirmou que “logo de dez anos de mandato, a alianza entre a Deputación e a entidade empresarial é unha das iniciativas de colaboración público-privada das que sinto máis orgullo, pois coincide plenamente coa estratexia do goberno provincial de apoio á internacionalización, da aposta pola innovación, a vangarda tecnolóxica e mimo aos creadores e emprendedores no territorio, ademais de xerar oportunidades para atraer proxectos doutros lugares que poden encaixar perfectamente en Ourense”.

Subliñou Manuel Baltar a visión integral de provincia do goberno da Deputación, “que nos permitiu desenvolver iniciativas innovadoras en ámbitos como o termalismo de saúde, a cultura, o turismo como destino intelixente ou a educación co Centro Galego de Innovación da FP, todo un conxunto de pezas que estamos a encaixar nun puzzle, preparándonos ademais para o salto competitivo que suporá a chegada da alta velocidade”.

Ao AVE referiuse tamén Manuel Rodríguez, na súa primeira intervención pública tralo seu nomeamento, hai unha semana, como presidente do Círculo de Empresarios, confiando “en que sexa un revulsivo para a economía da provincia ourensá, aínda que non para todo o sur de Galicia, xa que vigueses aínda terán que esperar e seguro converterán Ourense na súa estación de alta velocidade”. Partindo dunha das máximas da entidade que preside, “non só as empresas teñen que ser competitivas, senón tamén os territorios”, destacou que “a pandemia fixo que agora non concibamos o mundo sen a conectividade dixital, onde vemos un enorme potencial que quixemos aproveitar e tratar neste terceiro encontro”.

Pola súa banda. Patricia García agradeceu ao presidente da Deputación a colaboración recibida durante os seus tres anos e medio de mandato, “onde puxemos en marcha este encontro, mirando cara a Galicia como un único territorio no que potenciar sectores estratéxicos, tanto tradicionais como incipientes, e coa inquedanza de ir sumando a Portugal”.

“Ourense_ enCírculo” é froito dun convenio de colaboración asinado en 2018 pola Deputación de Ourense e o Círculo de Empresarios, co fin de profundar no enorme potencial da provincia de Ourense e, ao mesmo tempo, aproveitar a sinerxia das empresas do sur de Galicia para afrontar problemas comúns.

Tres grandes eixos

Estruturado en tres grandes eixos, o programa deste ano inclúe encontros, en formato dixital ou híbrido, que se celebrarán no último trimestre e que teñen como nexo a visión de futuro por parte de empresas, organizacións e institucións e a adaptación á situación pospandemia. Estes eixos son:

Reflexións de futuro: directo desde ourense
Configurado por un ciclo de tres encontros, con senllos escenarios en Ourense e Vigo, que poderán ser seguidos tanto virtual como presencialmente. Os temas que se abordarán son: Transformación dixital e conectividade (19 de outubro); Transición ecolóxica (26 de outubro); e desenvolvemento rural (2 de novembro)

A tracción ourensá. construíndo o día despois.
De formato tamén híbrido, pero en directo desde Ourense, analizará temas estratéxicos para o desenvolvemento e as grandes apostas de liderado da provincia. Nos tres encontros dos que consta falarase da Educación e empresa; profesións e profesionais do futuro (4 de novembro); A auga, un recurso crave para o desenvolvemento económico (11 de novembro); Agricultura e agroalimentación con innovación e emprendemento (25 de novembro).

O camiño cara á próxima realidade. Estás preparad@?
Empregabilidade, emprendemento, comercio e desenvolvemento de negocio na nova realidade son os argumentos centrais do terceiro eixo de futuro. En formato virtual, este ciclo organízase ao redor dos seguintes encontros: Comercio e hostalería, claves para adaptarse á “nova normalidade”. A reinvención do teu negocio (28 de outubro); O turismo post covid-19, repensar e reinventarse (16 de novembro); A nova realidade, un bo momento para o emprendemento disruptivo. Re-imaxinar o “novo normal”. (23 de novembro)

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas