Home Ourense O Ribeiro César Fernández obtén o apoio unánime para liderar en Ribadavia “o obxectivo...

César Fernández obtén o apoio unánime para liderar en Ribadavia “o obxectivo irrenunciable de recuperar a alcaldía para o PP”

- Anuncio -

· Coa asistencia dun cento de persoas, a clausura do conclave contou coa presenza do presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado

· Manuel Baltar afirmou que César Fernández representa os valores que defende o PP: “En vinte meses de mandato ofreceu a Ribadavia un goberno estable, sólido e crible, cun alcalde formado, respectuoso e dialogante”

· O presidente local afirmou que o seu reto é “continuar o proxecto político que iniciamos en 2019 cun goberno perfectamente lexitimado, pero que truncou un pacto de despacho entre grupos que hoxe nin se falan”

César Fernández Gil foi elixido presidente do Partido Popular de Ribadavia no congreso local extraordinario celebrado esta tarde na capital do Ribeiro, conclave no que obtivo o apoio unánime dos compromisarios e ante os que se marcou “como obxectivo irrenunciable recuperar a alcaldía para o PP nas eleccións municipais de maio de 2023”. Fernández Gil repite así un novo mandato á fronte dos populares de Ribadavia, etapa na que estará acompañado por unha directiva que integran dezasete persoas “e á que se incorpora máis mocidade para facela partícipe deste proxecto político”.

O congreso local, ao que asistiron preto dun cento de persoas, contou coa presenza da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e do presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, que participaron no acto de clausura.

“En vinte meses de mandato, César Fernández foi quen de ofrecer a Ribadavia un goberno estable, sólido e crible, cun alcalde formado, respectuoso e dialogante”, dixo Manuel Baltar na súa intervención, afirmando que “estes son os valores que defendemos desde a nosa formación”. O presidente dos populares de Ribadavia, engadiu Baltar, “encarna ademais un dos nosos principios básicos, como é unha política baseada no respecto institucional, de achegamento e colaboración co resto das administracións”.

Manuel Baltar emprazou aos afiliados a que sigan traballando con rigorosidade para conseguir “unha Ribadavia mellor”, destacando que todo pasa por “facer máis forte o partido para conseguir de novo un goberno estable que converta á vila e a todo o concello en referencia para Galicia”.

“CONSEGUIR UNHA MAIORÍA CLARA, SEN DEPENDENCIAS DE NINGÚN TIPO”.

“Hoxe renovamos o noso compromiso coa veciñanza de Ribadavia”, afirmou César Fernández trala súa reelección. Un reto que para o xa presidente local do PP ten que pasar necesariamente “por continuar o proxecto político que iniciamos tralas eleccións de 2019, poñendo en marcha un goberno perfectamente lexitimado para avanzar no progreso do municipio, pero que truncou un pacto de despacho entre grupos que hoxe nin se falan”.

Fernández advertiu que se perderon moitos meses de traballo “e cómpre devolver a Ribadavia e á súas xentes o orgullo de pertencer a unha vila cunha gran historia, recuperando o liderado dunha comarca de enorme peso na provincia como O Ribeiro”. Na procura deste obxectivo “imos pedir á veciñanza que nos dea o seu apoio para conseguir unha maioría clara, sen dependencias de ningún tipo”.

Para afrontar estes retos “non van faltar ganas, ilusión e moitas doses de compromiso”, engadiu o presidente local do PP, que agradeceu a confianza da dirección provincial na persoa de Manuel Baltar e o apoio mostrado polo PP de Galicia coa presenza de Paula Prado.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas