Os traballos incluirán a mellora da envolvente térmica, da climatización e da iluminación, que pasará a ser de tipo LED
O Concello de Marín impulsará a mellora do edificio da Biblioteca Pública Vidal Pazos, cun proxecto que pretende aumentar a comfortabilidade e a eficiencia enerxética, sendo conscientes da gran cantidade de persoas usuarias que ten esta infraestrutura municipal, clave para a cultura e o estudantado.
A licitación do proxecto está subida á Plataforma de Contratación do Sector Público, cunha inversión de 152.588,49 euros e un prazo para presentar ofertas por parte das empresas interesadas ata o 9 de xullo.
O proxecto contempla a mellora da envolvente térmica do edificio, a substitución do sistema de climatización do edificio para instalar aerotermia, a dotación dun novo sistema de ventilación que permita recuperar o calor, a revisión das condicións de salubridade do aire interior e a renovación total da iluminación para
substituíla por iluminación LED.

