Home Pontevedra Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

- Anuncio -

O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para todas as idades

A reforma integral do parque do Canaval, en Figueirido, estará rematada no verán deste ano ao ter comezado xa os traballos que facilitarán o acondicionamento dunha pista multideportiva neste espazo así como a construción dun auditorio ao aire libre e unha área de estacionamento ordenado.

A actuación, adxudicada á empresa Construcciones E.C. Casas, conta cun orzamento de 264.166 euros e ten un prazo de execución de seis meses. A obra comezou xa coa adecuación da área para o equipamento dos terrenos de xogo e o movemento de terras para preparar a zona que estará destinada a aparcamento.

A pista multidisciplinar facilitará a práctica deportiva ao aire libre de diferentes modalidades deportivas como baloncesto, futbol, voleibol, bádminton e incluso tenis e dará resposta á demanda existente neste entorno favorecendo un novo lugar de encontro e de realización de actividade física no municipio.

Preto destas instalacións deportivas construirase o auditorio ao aire libre, unha obra de enxeñería civil que aproveitará as condicións do terreo para crear un escenario con gradas semicirculares con capacidade para 150 persoas, creando un espazo público aberto e óptimo para a celebración de eventos culturais, festas, concertos, etc.

O acondicionamento integral deste espazo complétase co acondicionamento dunha área ordenada de estacionamento, que garanta a seguridade das persoas que acheguen ao entorno para desfrutar deste espazo público.

Para César Poza, alcalde de Vilaboa, trátase dun proxecto moi ambicioso que reflexa o interese do goberno local por descentralizar e dotar ás parroquias de servizos esenciais. “Apostamos por levar a todas as parroquias prestacións similares e que a veciñanza dispoña no seu entorno de espazos de calidade porque eso axuda tamén a fixar poboación”.

Cabe recordar que o parque do Canaval é un proxecto que comezou a tomar forma no ano 2022 co acondicionamento dunha área de xogo infantil nunha parcela de 6.440 metros cadrados situada sobre o falso túnel no tramo Vilaboa-Pontevedra do eixo atlántico de alta velocidade. Esta superficie é unha concesión administrativa do ADIF ao Concello por un período inicial de 75 anos na que o grupo de goberno deseñou unha gran área de esparcemento social con espazos adaptados a todas as idades e que se irá acometendo por fases que en seis meses estará rematada.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

O BNG de Vigo esixe aumentar as “raquíticas” axudas do Concello a mulleres vítimas...

0
A fronte nacionalista denuncia a “insuficiencia” desta partida para 2025, que equivale a 50 euros mensuais para un máximo de 33 mulleres, dun orzamento...

Publicacións Relacionadas