Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense, no Foro Local para a Axenda Urbana Española

A Deputación de Ourense, no Foro Local para a Axenda Urbana Española

- Anuncio -

O deputado provincial Jorge Pumar representou en Sevilla á institución provincial na reunión de constitución do Foro, que ten como obxectivo poñer en común as actuacións que se están levando a cabo para a implementación da Axenda Urbana

O deputado provincial de Turismo e Innovación, Jorge Pumar, asistiu hoxe, en representación da Deputación de Ourense, á reunión de constitución do Foro Local para a Axenda Urbana Española do que a institución provincial forma parte como representante da Federación Española de Municipios e Provincias. O encontro, celebrado en Sevilla no marco do Foro Urbano de España, tiña como obxectivo poñer en común as actuacións que se están levando a cabo para a implementación da Axenda Urbana, compartir experiencias e boas prácticas e aprobar iniciativas no marco da Axenda Urbana Española.

A creación deste foro, unha das actuacións previstas polo plan da axenda, co obxectivo de mellorar a gobernanza coa administración local, enmárcase dentro do convenio de colaboración entre o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana e a Federación Española de Municipios e Provincias, que ten como obxectivo a efectiva implementación da Axenda Urbana Española.

Esta iniciativa é “unha plataforma e lugar de encontro ao máximo nivel institucional e de representación política para facer un seguimento do grupo de traballo técnico e permanente da Axenda Urbana”, explicou Jorge Pumar, quen engadiu que “se prevé que haxa unha reunión periódica polo menos unha vez ao ano para poñer en común as actuacións que se están desenvolvendo, compartir experiencias e aprobar iniciativas concretas”.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas