Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e a escola Next Educación impulsan unha diplomatura para formar...

A Deputación e a escola Next Educación impulsan unha diplomatura para formar a especialistas na promoción, xestión e desenvolvemento do territorio rural

- Anuncio -

No Centro Galego de Innovación de FP “Eduardo Barreiros”, onde se presentou a iniciativa formativa, Manuel Baltar asegura que o futuro das áreas rurais “pasa pola identificación de oportunidades e a capacidade de aproveitalas. Desde a Deputación, subliñou, “fixemos da intelixencia unha denominación de orixe que fala da nosa capacidade para estar sempre á vangarda”

O presidente da escola de negocios, Manuel Campo Vidal, afirma que “só se salvarán os territorios que teñan un proxecto e Ourense ten moitas posibilidades de ser unha provincia modelo porque hai un proxecto, porque reforza a cooperación cos concellos con máis inquietudes e engade a formación a estes obxectivos”

A diplomatura de Especialista en Territorio Rural Intelixente ofrece sesións de webinar en directo con docentes que liquidarán dúbidas, xerarán debate e unirán sinerxias. O título, con 75 prazas iniciais e 20 horas de formación ao longo de dous meses, está enfocado a técnicos, cargos electos, grupos de acción local, emprendedores ou funcionarios, entre outros

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da escola de negocios Next Educación, Manuel Campo Vidal, presentaron esta mañá no Centro Galego de Innovación de FP “Eduardo Barreiros” a diplomatura de Especialista en Territorio Rural Intelixente, unha iniciativa formativa que ten como obxectivo a cualificación de profesionais para a promoción, xestión e desenvolvemento das zonas rurais.

No acto de presentación, que contou coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e unha ampla representación de alcaldes da provincia, Manuel Baltar asegurou que o futuro das áreas rurais “pasa pola identificación de oportunidades e a capacidade de saber aproveitalas”. Desde a Deputación, subliñou, “fixemos da intelixencia unha denominación de orixe que fala da nosa capacidade para estar sempre á vangarda”, citando como exemplos o propio Centro de Innovación de FP, o edificio Provincia Intelixente que reúne a máis alta concentración de emprego tecnolóxico do territorio, e programas como EmprendOU, “Ourense, destino turístico intelixente” ou o futuro Centro de Xestión Intelixente da auga.

Con todo e na liña do aproveitamento das oportunidades, Manuel Baltar puxo o acento no termalismo. Todas as provincias teñen as súas singularidades e riquezas, sinalou, “pero nós temos algo que nos fai líderes europeos: a potencia termal, con 15 concellos que son vilas termais; a piques de incorporar un noveno balneario coa próxima apertura das instalacións de Berán; co proxecto para a construción no Pazo Provincial dun balneario de referencia en Europa; e coas oportunidades que ademais ofrece o AVE”.

O presidente da Deputación puxo en valor a colaboración coa escola de negocios Next Educación e o seu presidente, Manuel Campo Vidal, “aliados perfectos para seguir traballando a favor do desenvolvemento do rural”.

Ourense, unha provincia activa con proxecto

“Non hai unha España baleira nin baleirada, senón unha España rural viva”, salientou pola súa banda Campo Vidal, quen destacou que “pasamos das crónicas da emigración e das décadas de abandono a un período de esperanza, onde só salvaranse os territorios que teñan un proxecto”. Así, dixo, “as provincias activas son as que se salvarán e hoxe estamos nunha delas. Para o presidente da escola de negocios, “Ourense ten moitas posibilidades de ser unha provincia modelo porque hai un proxecto, porque reforza a cooperación cos concellos con máis inquietudes e engade a formación a estes obxectivos”.

Nun momento no que se percibe un cambio de opinión positivo desde o ámbito urbano cara ao rural, como factor de vida saudable tras a pandemia, “temos que fortalecer ese fluxo de volta cara ao rural, xerar un clima de debate positivo e recuperar a persoas que queiran desenvolver proxectos”, afirmou Manuel Campo Vidal, para quen a iniciativa formativa presentada hoxe axudará a tomar en conta aspectos esenciais para o futuro das estas zonas como a dixitalización, a sustentabilidade, as telecomunicacións e o apoio ás pemes.

20 horas de sesións en liña

Estes son precisamente os eixos fundamentais sobre os que vira a diplomatura de Especialista en Territorio Rural Intelixente (TRI), que nace baixo a premisa de contar con persoas cualificadas para a promoción, xestión e desenvolvemento destas áreas.

Pensado para 75 prazas iniciais, aínda que ampliables, e unha duración aproximada de 20 horas distribuídas ao longo de dous meses, este programa en liña ofrece sesións de webinar en directo con docentes que liquidarán dúbidas, xerarán debate e unirán sinerxias. O título está enfocado a todos os interesados no desenvolvemento do TRI, con independencia da súa especialidade: técnicos, cargos electos, grupos de acción local, emprendedores, funcionarios, etcétera. Para cursar o programa, os estudantes obterán un acceso especial ao Campus Virtual de Next Educación, a través do cal gozarán das clases cando e onde queiran e poderán participar no foro.

Profesionais cualificados nas áreas de negocio emerxentes

Next Educación é unha escola universitaria de negocios innovadora que prepara aos profesionais máis avanzados e cualificados que demanda o mercado, especialmente nas áreas de negocio emerxentes. Está formada por Next International Business School, o Centro de Educación Superior CES Next (Centro Adscrito á Universitat de Lleida) e o Foro Next Educación.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas