Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación reforza a súa colaboración con Gomesende con medios para a...

A Deputación reforza a súa colaboración con Gomesende con medios para a loita contra os lumes, infraestruturas viarias e áreas infantís

- Anuncio -

Manuel Baltar repasou estas actuacións coa alcaldesa, Pura Rodríguez: “Continuaremos coa liña de cooperación que vimos mantendo en todos estes anos”

A rexedora subliñou a cooperación da Deputación e do seu presidente como de “máxima importancia, sempre escoitando as nosas necesidades e atendendo as nosas peticións”

Gomesende será un dos doce concellos beneficiados grazas ao único convenio asinado por unha Deputación galega coa Consellería de Medio Rural para adquirir maquinaria destinada á prevención de incendios forestais

A Deputación de Ourense vai reforzar a súa colaboración co Concello de Gomesende coa dotación de novos medios para previr e loitar contra os lumes forestais, realizar obras de acondicionamento en estradas provinciais e habilitar espazos para xogos infantís. Manuel Baltar repasou estas actuacións coa alcaldesa, Pura Rodríguez, nunha reunión na que abordaron futuras liñas de cooperación entre ambas administracións.

Baltar destacou que Gomesende contará cun tractor equipado con maquinaria de roza para a prevención de incendios. Un equipamento incluído na última modificación de créditos aprobada no pleno de abril pola corporación provincial, no marco do único convenio asinado por unha Deputación galega coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes e que tamén beneficiará a once concellos ourensáns máis. O presidente provincial asegurou que continuará “a liña de cooperación que vimos mantendo con Gomesende en todos este anos” e que ademais desta maquinaria vai incluír tamén “actuacións en estradas municipais, beirrarúas para incrementar a seguridade viaria da veciñanza e un parque infantil para ampliar as áreas de xogos”.

Pura Rodríguez cualificou a colaboración da Deputación como de “máxima importancia”. Para a rexedora, “un concello de algo máis de 600 habitantes e con pequenos recursos precisa da axuda outras administraciones”. Non obstante, nesta liña subliñou a cooperación da Deputación e do seu presidente, “sempre coa máxima predisposición hacia Gomesende, escoitando as nosas necesidades e atendendo as nosas peticións”.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas