Home Deputacións Deputación Ourense O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación

- Anuncio -

O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis de 3.000 anos de antigüidade.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o próximo 2 de abril o remate do curso 23-24 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación. O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class, como parte da entrega de diplomas deste curso, impartido por Manuel Brañas e Xosé Maceda.

Tanto o concerto como a clase maxistral correrán a cargo do músico armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis de 3.000 anos de antigüidade, considerado unha obra mestra do Patrimonio Cultural Intanxible Mundial da UNESCO.

Karakhanyan, artista recoñecido internacionalmente, adica a súa vida a dominar este instrumento e transmitir os seus pensamentos e sentimentos a través del, difundindo a súa paixón polo Duduk a través de concertos, talleres e Máster Class en toda Europa.

A clase maxistral levarase a cabo de 12:00 a 18:00 e o concerto terá lugar ás 19:30, ambos con entrada libre.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas