Home Deputacións Deputación Ourense Pablo Nogueira gaña o XVIII Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración

Pablo Nogueira gaña o XVIII Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración

- Anuncio -

O xurado destaca da obra premiada, O clube de coleccionistas de selos, “a súa perspectiva inclusiva e que da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia”, salientando tamén “a posta en valor do medio natural, así coma a figura do avó e as relacións interxeracionais”

O escritor Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) é o gañador do XVIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros e que convoca a Deputación de Ourense. O xurado, reunido esta mañá no Pazo Provincial, destacou da obra premiada, O clube de coleccionistas de selos (presentada baixo o pseudónimo “Catro latas”), “a súa perspectiva inclusiva e que da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia”, salientando tamén “a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, así coma a figura do avó e as relacións interxeracionais”.

O xurado sinala a grande calidade das obras presentadas, destacando do traballo de Nogueira que se trata dunha obra “cunha escrita moi coidada, na que emprega moitas referencias a personaxes históricos e literarios, o que promove a posibilidade de diversificar os itinerarios lectores e o fomento da lectura. Elo converte á obra nun bo recurso literario para mestres e o seu traballo na aula”. O xurado, presidido por Patricia Torres, deputada de Cultura da Deputación de Ourense, estivo formado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre (secretaria).

Pablo Nogueira estudou Maxisterio na Universidade de Santiago e actualmente é mestre de Audición e Linguaxe no ensino público. É licenciado en Psicopedagoxía pola USC e posúe un mestrado en Investigación en educación, Diversidade cultural e Desenvolvemento comunitario” na mesma universidade. Publicou dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV certame Balbino de relatos, e Música para os días de inverno (Laiovento, 2020).

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas