Home O Ribeiro A Arnoia A Deputación contribúe a manter a tradición musical cunha doazón do Obradoiro...

A Deputación contribúe a manter a tradición musical cunha doazón do Obradoiro provincial de Instrumentos ao colexio de Arnoia

- Anuncio -

O vicepresidente segundo, César Fernández, acompañado polo alcalde, Rodrigo Aparicio, entregou aos representantes do centro educativo un conxunto de instrumentos integrado por dezaoito pezas

O vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, acompañado polo alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, entregou aos representantes do CEIP San Salvador un conxunto de instrumentos musicais integrado por dezaoito pezas, deseñadas e elaboradas polo Obradoiro de Instrumentos da institución provincial.

No Centro Cultural Marcos Valcárcel, a directora do colexio, María Beatriz Pascual, e o profesor de música, Alejandro Miguélez, agradeceron unha doazón que inclúe dez pandeiretas, cinco tambores, un pandeiro, un bombo e unha gaita.

César Fernández puxo en valor a entrega dos instrumentos realizados polo Obradoiro que dirixe Manuel Brañas, “un labor de construción e doazón que contribúe a conservar e manter a nosa tradición musical”. Ademais de potenciar as actividades musicais no colexio público, dixo Rodrigo Aparicio, “grazas a esta achega tamén se consolidará a colaboración que o centro de ensino mantén co grupo de gaitas de danzas Airiños de Arnoia, de tal xeito que os escolares que se forman no colexio poidan pasar despois ao grupo, que ensaia nas instalacións do colexio”.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas