Home O Ribeiro Castrelo de Miño O Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá por primeira vez o...

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá por primeira vez o Campionato Galego de “Stand up Paddle”

- Anuncio -

O Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño acollerá por primeira vez nas súas augas o próximo 16 de outubro o Campionato Galego de “Stand up Paddle”, modalidade deportiva individual que se practica en pe sobre unha táboa impulsándose cunha pa, nunha competición que incluirá dúas probas: distancia sprint e medio fondo, para as categorías elite e Sub-18, tanto masculinas como femininas. Na presentación deste campionato participaron o vicepresidente da Deputación e delegado para asuntos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o tenente alcalde, José Antonio Ferreiro; e o presidente da

Federación Galega de Surf, Román Díez.

Os percorridos que deberán cubrir os deportistas van desde a distancia curta, cunha lonxitude 200 metros por eliminatorias de cinco participantes, e a distancia media-curta nun circuíto de 2 quilómetros e ao que deberán dar tres voltas ata completar un total de 6 quilómetros.

Os responsables da Federación Galega de Surf destacan a importancia que nesta modalidade deportiva ten a forma física, a interpretación do medio natural e a capacidade de controlar

a táboa, subliñando as posibilidades que ofrece para a súa práctica tanto en zonas costeiras como en encoros de interior.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas